Skip to main content

Acordos de estado

Posted in

15-06-2009 - Sen a mais mínima protesta, nin da oposición nin de outro colectivo calquera, acabamos de asistir á aprobación de un notable incremento nos impostos indirectos por parte do goberno. Por fin un acordo “de Estado” entre os grupos políticos. Para que logo digan que nunca se poñen de acordo en cousas importantes.


Parece lóxico que, despois do brutal “sangrado” dos fondos públicos para regalar cartos ós bancos e así reparar a desfeita que eles mesmos ocasionaron, agora o Estado precise repor eses fondos e o faga, como sempre, á costa dos traballadores e da maneira mais “antisocial” que existe: Por medio dos impostos indirectos que gravan por igual a quen ten moito e a quen ten pouco.


Claro que o único que pretenden é preservar a nosa saúde, dándonos razóns para deixar de fumar e así aforrar os 20 céntimos do tabaco. Cinismo non lles falta.


Canto aos 2,9 céntimos dos combustibles a cousa semella mais difícil, unha vez que non podemos deixar de utilizar o coche porque esqueceron de nos facilitar transporte público. A razón daquela foi darlle cartos ás constructoras, á industria do automóbil e ás petroleiras.


Así que agora temos moitas autovías e a xente tamén se mata nos “cuatriciclos” que, a falta dese transporte público, teñen que comprar para poder ir a calquera lugar e así ter o dereito de se matar na estrada aínda que non teñan carné de conducir.


Que non se preocupen os desempregados que carecen de prestación por paro, os vellos que carecen de residencias públicas, os enfermos amoreados nos corredores dos hospitais, os “sen teto” que non teñen vivenda protexida, os das listas de espera, etc... porque somos o País de Europa con mais quilómetros de autopista por habitante e os primeiros do mundo en quilómetros de AVE, o Gasol gañou cos Lakers, a banca goza de bos incentivos.


Tan bos que están obrigando aos parados de larga duración a que abran unha conta corrente para poder cobrar os 400 euros e así “repartir” a prestación coa banca en forma de comisións. Se non abren conta corrente non cobran a prestación. Por se alguén aínda dubidaba de a quén serven os gobernantes.

Mais información:

http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2009/06/13/0003_7781900.htm

http://www.diariomotor.com/2005/04/03/los-coches-sin-carnet-poco-seguros/

http://www.laregion.es/noticia/93737/carballiño/accidente/tráfico/fallecimiento/