Skip to main content

Acordos de estado ( II )

Posted in

20-06-2009 - Compórtanse igual que os traficantes de droga, que venden nas portas dos colexios, para viciar ós mais pequenos e preparar futuros clientes.


Primeiro víciannos no uso do coche. Déixannos sen outras opcións, porque non existe transporte público, nin teñen previsto a súa implantación.


Consenten que morra mais xente por culpa dos coches que por tódalas demais drogas xuntas. E eso sen contar coa xente que morre por causa da contaminación atmosférica que produce o tráfico, xa que hai estudios que aseguran que son cinco veces mais dos que morren por causa dos accidentes.


Embebédannos na velocidade e na relatividade das leis, consentindo durante décadas os marxes de tolerancia nas velocidades máximas.


E agora, que xa nos teñen onde eles queren, sen posibilidades de fuxir e obrigados a utilizar o coche a diario, non só nos aumentan o prezo dos combustible o que ben entenden, senón que, tamén, van conseguir que tódolos conductores paguen unha boa parte do seu salario en multas.


A razón, a nova normativa que establece multas a partir do primeiro quilómetro de exceso de velocidade. Ou sexa, que si nos atopamos con unha desas ridículas sinais, das obras, que marcan 30 quilómetros por hora de velocidade máxima, e pasamos a 31 quilómetros por hora, vainos caer unha multa de 100 Euros, a mínima que está prevista.


Claro que nos van dar facilidades, faltaría mais, e, si pagamos antes de 15 días, o desconto é do 50%.


Igual que no caso anterior das subidas de impostor para os combustibles e para o tabaco, os grupos maioritarios que representan a gran patronal e ao grande capital, están os dous de completo acordo.


Supoñemos que sairá o descerebrado de turno, que sempre aparece despois de un consello de ministros e, igual que aconteceu da outra vez co imposto do tabaco, dirá que agora trátase de velar pola nosa seguridade no tráfico.


Menos mal que o goberno xa asegurou que non vai haber mais subidas de impostos...nin falta que lles fai.


Moito ollo que a cousa acaba de ser aprobada no Congreso e entra en vigor a próxima primavera.

Mais información:
http://www.lavozdegalicia.es/espana/2009/06/19/0003_7795079.htm

http://www.libertaddigital.com/sociedad/el-gobierno-quiere-recaudar-un-15-por-ciento-mas-en-multas-en-2009-1276340061/

http://motor.terra.es/motor/actualidad/articulo/muertes_contaminacion_quintuplican_fallecimientos_accidentes_33564.htm

 

http://www.soitu.es/soitu/2008/06/19/info/1213887114_665315.html