joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Represión no Carballiño | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Represión no Carballiño

22-06-2009 – Acabamos de recibir a notificación. Nada menos que da Subdelegación do Goberno. Aplícannos a Lei Orgánica 1/1992 sobre protección da Seguridade Ciudadana.


Aquela que fala das armas, explosivos, etc. No noso caso, por unha suposta “infracción leve” por “alterar la seguridad colectiva u originar desórdenes em las vias, espacios o establecimientos públicos”.


Denuncia: A Policía Local do Carballiño. Feito inédito nunha Vila onde hai enormes problemas de seguridade, tráfico, irregularidades urbanísticas, xestión dubidosa de fondos públicos, incumprimento de acordos do pleno por parte do grupo de goberno, etc..


Os feitos tódolos veciños os coñecen: Colocamos unha pancarta diante do Concello pedindo que se forme, de unha vez por todas, a “comisión de investigación” que o propio grupo de goberno votou a favor , pero que levan tres meses buscando desculpas para non a iniciar. Parece evidente que o voto a favor foi unha acto fariseo, porque non tiñan a mínima intención de a levar a cabo.


O lamentable é que, habendo tantos problemas no Carballiño para que os atenda a Policía Municipal, agora resulta que os nosos gobernantes os utilizan para amedrentar a quen lles esixe que cumpran a súa palabra e que cumpran coa lei.


Porque non houbo tal “alteración da seguridade nin desordes públicas”. Unha pancarta que non estorbaba a ninguén, ao contrario do que afirman na denuncia, e unha ou dúas persoas para repartir folletos. Temos probas.


Podían ter utilizado o argumento de que, os primeiros días, non houbera comunicación á delegación do goberno. Un argumento medio “pobre” tamén, porque non parece que tal “exhibición de medios” poida ser considerada unha manifestación digna de ser comunicada a ese organismo. Pero non, preferiron alterar a realidade e falar de “alteración da seguridade” e de “desordes públicos”, ou sexa: Faltar á Verdade.


O Carballiño todo sabe que tais feitos nunca aconteceron pero o que sí vai quedar patente é que, o grupo de goberno, está menoscabando a credibilidade e o bo nome da Policía Local, cando a utiliza para as súas vinganzas e para calar a quen non lles “baila o caldo”. Porque todos sabemos dos problemas que hai na Vila que están sen atender. Moitos deles, seguramente, porque os poucos gardas que temos teñen que lle andar a facer os caprichos aos aprendices de tirano de turno.


Xa se sabe “si quieres saber quién es Juanillo, dale un carguillo”.


Non nos van asustar. Pensamos que 60 euros por desacreditar á nosa Policía Local é unha miseria e  que o prestixio dese corpo vale moito mais, aínda que os que mandan pensen outra cousa.


Pensabamos pagar e colocar unha mesa petitoria fronte ao Concello para que todo Carballiño saiba canto vale a Policía Local para os que gobernan, pero seica a maioría quere que se presente recurso. Así se fará e a mesa quedará para cando saia o resultado final.

Mais información:

http://www.laregion.es/noticia/95013/Carballi%C3%B1o/ecologista/multa/

http://matarpormatarnon.org/node/833