joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate As probas da infamia | matarpormatarnon.org
Skip to main content

As probas da infamia

24-06-2009 - Estas imaxes fan parte das fotos, de autoría descoñecida, que alguén nos achegou así como a diversos medios de comunicación. 

Seica foron tomada no mes de xuño e teñen menos de 10 días.

Nelas pódese apreciar o "hotel cinco estrelas" no que, segundo afirma algún politico do goberno local, viven os cans da Medela.

 

Non foron capaces de resolver nin o problema da auga quente e podre que lle subministran aos animais, nin tampouco o asunto das carcasas de polo crúas que, en poucas horas, énchense de gusanos. Moito menos solucionar as causas das cinco denuncias que presentou o Seprona por deficiencias e falta de medios na instalación.

 

 

O que asusta non é a falta de escrúpulos ou a mentiras que se verteron, tanto neste caso, como cando foron sacrificados dúcias de animais. O que nos da medo é que sexan capaces de intentar enganar á xente en asuntos como este. Seres vivos aos que teñen totalmente abandonados, bebendo auga quente e podre, e comendo carcasas de polo cheas de gusanos. 

 

 

Cans mortos que permanecen nas gaiolas xunto cos vivos,cadaveres almacenados xunto coa comida, gaiolas que estiveron cheas e agora están baleiras, bebedoiros novos que por abandono e falta de coidados están destruídos.

 

Auga podre nos bebedoiros, a comida mesturada cos excrementos, maleza entrando na instalación e os famosos e ridiculos "arbolitos" da película que pasan na TV local, totalmente secos.

 

Agora ben, se alguén quere ver como todo esto é mentira, que faga o que din no Concello. Que pidan autorización para visita, que lles marquen día e hora e, cando alí cheguen, verán que non hai nada do que aparece nestas imaxes.

 

A persoas que sabemos que un animal é algo mais que un obxeto, non somos capaces de entender que alguén, que ten medios de sobra para darlles unha existencia digna, sexan capaces de matalos para non ter que atendelos, de apropiarse dos recursos destinados aos cans para o seu lucro ou de pensar que os animais son tan desalmados canto o pode ser ese tipo de xente.

Estamos acompañando o parto e a cría de unha cadela e a maniera en como mantén limpos e coidados aos seus fillos. Nesta istalación aínda lembramos como, unha infeliz nai, devoraba os fillos que estaba parindo porque, quen tiña que lle proporcionar medios para criálos, pensaba que os cans están tan embrutecidos coma eles.

Moi pobre é que ten que lle quitar a quen ten menos ca ele.

Mais información:

http://www.laregion.es/noticia/95125/carballiño/perrera/municipal/patronato/