joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate O Carballiño - O Concello despreza as institucións. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

O Carballiño - O Concello despreza as institucións.

01-07-2009 - O goberno do Carballiño, tan dilixente ele en facer calar a quen se manifesta en contra das súas trapalladas, non responde ao Valedor do Pobo cando este lle pide explicacións.


Esa é a fe que teñen algúns demócratas nas institucións. Válense delas para seu lucro pero cando non lle convén ignóranas.


Esfumáronse os 300.000 euros da canceira pero non queren dar explicacións no pleno nin contas de como se utilizaron os cartos.


Desapareceron con mais de 130 cans para no ter que os atender, pero non acoden á comisión de investigación que se acordou no pleno, por tódolos grupos, para aclarar o asunto.


Falan de mocións de confianza e agora andan buscando diálogo, despois de faltar á súa palabra.


Acordaron en pleno ter funcionando, no mes de xuño, unha fundación que se encargara dos infelices animais da canceira pero o que se acorda nos plenos, neste caso e nos demais, para eles é papel mollado.


Para o que si están listos é para mandar á policía local a que calen aos que protestan, a que conculquen dereitos fundamentais que deberían defender e a que se desacredite por cousas como esa.


Aplican sancións e prohibicións de acceder a lugares públicos, sen atender ao procedemento administrativo, sen dar o dereito de defensa e sen escoitar as partes interesadas. Así arbitrariamente.


Agora que o Valedor do Pobo lle pide que se expliquen, dan a calada por resposta. Xa é a segunda carta que recebemos desta Institución dicindo que lle pediron o expediente ao Concello do Carballiño e que aínda non lla remitiron.  


A primeira vez con data 7 de maio e agora outra con data 25 de xuño.
Mentres eso fan, pretenden que as súas ordes, caprichos e coaccións varias, sexan cumpridas ao pe da letra e de inmediato.


“Dale poder y conocerás al villano”.

Mais información:

 http://matarpormatarnon.org/node/841