joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Parece mentira, pero é verdade. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Parece mentira, pero é verdade.

04-07-2009 - O Concello do Carballiño está malgastando 250 millóns de pesetas en quitar as baldosas das beirarrúas da Avda. Do Balneario, que están en perfecto estado, para colocar outras iguais.

Mentres, non consegue acadar os fondos necesarios para alimentar 140 cans que morren de fame na Medela ou sobreviven gracias á caridade de Coren e Castro Bello, que lles facilitan carcasas de polo crúas.


Os veciños asisten entre sorprendidos e indignados ao desatino de dilapidar esa enorme cantidade de diñeiro, mentres a Vila ten necesidades imperiosas que resolver e o propio Concello está endebedado hasta límites descoñecidos


O que se está a facer con tal mareante volume de recursos é inconcibible e solo se explica porque, a quen manexa eses fondos, pouco se lle da tirar con eles, pois non saen do seu peto e pouco lles importa que na Vila haxa moitas necesidades precisando dese diñeiro para ser solucionadas. Non sabemos que pensaran, sobre o asunto, os que non teñen nin casa onde vivir.


Mesmo parece que somos unha sociedade sen carencias e nadando na abundancia, para que tantos cartos sexan dilapidados desa maneira por xente que, sen a mínima experiencia e coñecementos, atópase administrando enormes cantidades de fondos públicos.


Tiñan tres meses para presentar un proxecto no que investir os 2,5 millóns de Euros que o Estado concedeu a este Concello para incentivar o emprego. Polo que parece nin se deron ao traballo de cavilar algo de utilidade é solo se preocuparon de dilapidar os cartos da maneira mais rápida, sen mirar polos intereses do pobo, polas necesidades da Vila ou por crear eses empregos.


Podían presentar un proxecto para completar as instalacións da Medela e cubrir o déficit de servicios que deixaron despois de malgastar os 300.000 euros que recibiron en 2006.


Redactar un proxecto de sala de curas, almacén, cuartos de baño, peche do recinto, oficinas, etc. que non suporía moito esforzo económico e tería algunha utilidade.


Prever a compra de alimentos secos para lles dar aos cans, o que houbera representado menos de 1.000 euros por mes. Contratar traballadores para atender aos animais ou reparar as numerosas rúas que están cheas de buratos ou que carecen de beirarrúa e que non son unha nin dúas. Algunha cousa útil e necesaria. Pero non.


Repartiron así: 800.000 Euros para facer uns “arranxiños” na piscina municipal en pleno verán, 200.000 en “reparar” o teito do Pavillón e o resto, 1.500.000 Euros, en desfacer o que está ben feito e volvelo a facer. Ou sexa: malgastar.


Xuntamos fotos da desfeita ocorrida no centro onde, na táctica de desfacer e volver a facer o mesmo, anularon moitas prazas de aparcadoiro o que foi criticado dabondo polos veciños.


Tamén fotos da Avda. Do Balneario onde o que acontece creemos que é de xulgado de garda. Semella que, ademais, se escolleu tal avenida porque pódese mover moita superficie con pouco traballo e presentar un maior volume de “Actuación” sen impedir demasiado o tráfico.


As últimas fotos, podían ser de calquera outra rúa, pero son da avenida de Señorín onde se pode ver o lamentable estado desta rúa e na que, precisándoo con urxencia, non se está facendo ningún arranxo.


Así que, no fin das contas, dilapídanse 2.500.000 Euros ( que se di pronto), uns 400 millóns de pesetas, que non van representar ningunha mellora na vida dos veciños do Carballiño.

Parece que alguén debería perguntarse a ónde vai parar esa inxente cantidade de cartos e a quen benefícia esta aparente incompetencia. 


Corren malos tempos para a ética e a moral. Non estraña que o noso País teña sido incluído entre os mais corruptos da OCDE, no informe de 2009 do Banco Mundial.


Motivos hainos de sobra.

Mais información:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009070700_16_345920__Portada-de-Ourense-Matar-matar-denuncia-malgasto-millones-euros