joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Contacto coa Embaixada de México | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Contacto coa Embaixada de México

13-07-2009 - Con motivo da próxima Festa do Polbo, dedicada este ano a México, Matar por matar,NON, púxose en contacto coa Embaixada mexicana en Madrid co gallo de informar ao embaixador da situación e trato que reciben os cans acollidos na canceira municipal.

O obxectivo deste contacto é solicitar a mediación do sr. Embaixador, con motivo da súa posible visita ao Carballiño o día da festa invitado polas autoridades locais, para que interceda polos infelices cans que teñen a desgracia de ter que depender do lamentable trato, coidados e alimentación que reciben das autoridades municipais responsables da súa custodia e que atopan cartos para tirar e para viaxar á capital do reino, pero non para coidar a estes animais con un mínimo de dignidade.

Tamén que faga unha visita á canceira, de lle ser posible.

Dado que non dispoñemos dos fondos necesarios para ir persoalmente á capital acompañando ó nutrido grupo de políticos que alí se desprazou con fondos públicos, non nos quedou mais remedio que facer este contacto por medio do correo.

Pretendemos que,quen visite o Carballiño, teña unha idea mais realista do que se agocha detrás de tanta festa e concurso de bebidas alcohólicas e dos modos afectados e artificiais de algúns políticos. Nese senso, remitiremos información aos xornais mexicanos sobre a tráxica situación destes animais e as cuestións pendentes de aclarar como son a morte e maltrato de cans na Medela, os atrasos sobre a creación dunha fundación, a negativa a iniciar a comisión de investigación, a apertura ao publico das instalacións, a aclaración das mortes violentas de cans, a falta de medios para alimentalos adecuadamente, o uso que se deu aos fondos concedidos para mellorar a canceira, etc.

Matar por matar,NON – 13 de xullo de 2009

Mais información:

http://copecarballino.es/novas/matar-por-matar-non-contacta-co-embaixador-de-m%C3%A9xico-para-denunciar-situaci%C3%B3n-precaria-da-canc