Skip to main content

O Río Sil non é noso, é deles

Posted in

14-07-2009 - Fan o que queren e mentres calquera de nos poder ser multado por violar a normativa medio ambiental, estes nada menos que secan completamente o cauce do Río Sil.

Case nada, no Barbaña morreron moitos peixes porque envelenaron as augas, no Sil morreron todos porque non lles quedou auga.


As razóns da desfeita, Iberdrola precisa gañar cartos, e ante tal "razón de estado" os políticos e autoridades responsables calan a boca. Se din algo fanos calar. Quen manda, manda.


Hai que preguntarse o tipo de poder que teñen estas empresas para que poidan chegar a tal atrevemento sen o menor temor. Moi  seguras están de que poden facer o que lles peta, porque están por enriba da lei e dos que deberían facela cumprir.


Non é a primeira vez que temos que nos ocupar de desfeitas ocasionadas por Iberdrola e o novo colonialismo económico que, estas empresas multinacionais, practican na nosa Terra.


Antes foi polo afogamento de animais nos seus canles. Agora pola destrucción de un dos lugares mais emblemáticos de Galicia: Os Canons do Sil.

Tampouco é a primeira vez que denunciamos os sinistros plans que políticos de turno, secuaces e asalariados destas grandes empresas, tiñan para este fermoso lugar ao que poucas décadas lle restan, de continuar coa desfeita que lle teñen programada.


Galicia segue sendo a lixeira de tódalas industrias contaminantes que hai en España. Aquí están as centrais térmicas mais contaminantes, os ríos ateigados de encoros, os regatos de mine centrais e os montes de muíños de vento.

Enerxía limpa, din, que non substitúe á enerxía contaminante. Seguen gañando cartos co que contamina e coa outra. Todo non pasa de unha desculpa para ir enchendo a nosa Terra de todo canto é negocio que xere cartos sen lles importar destruír a riqueza de Galicia.


Está por aparecer o primeiro político que defenda a nosa Terra e os intereses do pobo galego. Un detrás de outro están a entregala ao grande capital e a rematar coas praias limpas, os montes nos que atopabamos repouso, as vistas da campiña galega e dentro de pouco tamén van poñer muíños no mar.


Por tódolos lados se ve fume, canteiras que escachan coa montaña, cortes de autovías e AVE nas ladeiras, tendidos eléctricos que afean o monte para levar enerxía a Madrid, viaductos que rompen coa vista e coa paz do rural, etc. Unha chea de desfeitas que o pobo galego atura porque nos teñen abandonados, sen outras opcións e estamos dispostos a nos envelenar con tal de ter un salario ao fin de mes.


Mais información:

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/07/13_01.htm

http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-denuncias/319-amigos-da-terra-denuncia-a-falta-de-caudal-ecoloxico-no-rio-sil

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=1382&Itemid=2

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/07/14/0003_7845670.htm

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009071400_16_348224__Portada-de-Ourense-ecologistas-piden-paralizacion-urgente-central-Santo-Estevo