Skip to main content

Ibertrola mexa por nos

Posted in

15-07-2009 - Agora resulta de que, por encima de burros, mallados. Iberdrola, conforme se pode leer na notícia de La Región de hoxe, xa tomou "tódalas" precaucións para non causar danos á flora é a fauna do Río Sil. (día 17-07-2009, mais tomaduras de pelo).

Día 18-07-2009 - Feijoo apoia a barbaridade, agora seica é normal secar un rio.

Día 24-07-2009 - Iberdrola infrinxiu a normativa.

Somos todos uns mal pensados ao supoñer que deixaron o río totalmente seco, conforme se pode ver na imaxe do xornal,"seica" deixaron un caudal ecolóxico, que tamén se pode "ver" e puxeron os peixiños nun acuario coidados por xentiles enfermeiras, que han de tratar deles e darlles de comer a diario, para que non sufran ningún tipo de "estrés".

Tamén se deron ao "traballo"  de contratar unha "empresa especializada" para controlar o osíxeno, o ph e os parámetros das augas para que as plantiñas non noten que a auga desapareceu. Menudo conto. 

Incluso fixeron todo ben "caladiño" para non nos preocupar porque, como eles din, non ten importancia algunha, está todo "controlado" e querían evitarnos calquera  tipo de incomodidade.

Estes cobizosos non teñen o mínimo respecto pola nosa Terra, polas nosas autoridades e por ninguén. Riense do Seprona, da Confederación Hidrográfica, da Fiscalía de Medio Ambiente e de tódalas Consellerías. Riense porque teñen mais poder ca eles.

A ver quen lles mete man e os coloca no seu lugar.

Mais informacion: 

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/07/24_01.htm

http://www.portaldelmedioambiente.com/noticias/6061/iberdrola_seco_el_sil_por_seguridad_medioambiental_dice_el_ministerio/

http://www.laregion.es/noticia/97081/santo/estevo/ribas/sil/obras/central/hidr%C3%A1ulica/iberdrola/seco/cauce/r%C3%ADo/sil/