Skip to main content

A medida da concienciación social

Posted in

24-07-2009 - Esta é a noticia en Galicia:
El PSOE arremete contra el PP por ‘apropiarse’ la autovía Ourense-Celanova.

Para medir o grao de desenrolo social nun País podemos imaxinar a mesma noticia noutros países, por exemplo:


En Suecia podería ser:
_ Un novo enlace mediante tren de proximidades vai ser construído entre Celanova e Ourense.


En Alemaña:
_ O veciños da comarca de Celanova cuestionan as razón pólas que se vai destruír o territorio construíndo autoestradas, que matan e contaminan, en lugar de transporte de proximidades por tren.


En Francia:
_ O pobo pregunta as razóns pólas que se van entregar millóns de euros a constructoras para destruír o medio ambiente en lugar de facer unha vía de tren de proximidades.


En Suíza:
_ A oposición desenténdese da responsabilidade de facer unha autovía entre Celanova e a autoestrada A52 en lugar de unha vía de tren de proximidades.


Como vemos na nosa Terra o uso indebido de cartos, para enriquecer a algunha constructora, non solo non é criticado senón que, ademais, os partidos políticos presumen da desfeita como se fora unha grande fachenda.
Habería que se preguntar de quén é a culpa, se dos políticos que defenden “o seu” ou do pobo que comulga con rodas de muíño.