joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate A vaquiña da casa | matarpormatarnon.org
Skip to main content

A vaquiña da casa

Posted in

26-07-2009 - Parece ser que coa prohibición, cada día mais apoiada e inminente, de realizar touradas noutras comunidades autónomas, o negocio da tortura e da morte trasládase a Galicia.

Como sempre somos a reserva a onde levar o que non queren noutros lugares, sexan industrias contaminantes ou festas sádicas.


Na Nosa Terra, a touros, vacas e bois, temos moito que agradecerlles, pero igual que acontece co entrañable burro, acabaremos por permitir a súa extinción porque  agora seica somo novos ricos e xa non precisamos deses fieis animais que solo mantiñamos na casa porque nos cumprían para poder comer.


Pero que sexamos desagradecidos non implica que, pon enriba, aínda esquezamos os favores que nos fixeron ata o punto de que, agora, nos vaiamos divertir torturándoos. Debémoslle moito.


A vaca e o boi, aínda non hai moitos anos, eran a base do sustento en Galicia. A vaca alimentounos co seu leite desde pequenos, quentaba a casa desde a corte que había debaixo das habitacións, madrugaba para ir arar os eidos, tirar pólo carro, transportar os productos e a leña, producía o esterco para abonar as leiras onde se sementaba a comida para nos e para os demais animais da casa, acompañaba a seus fillos á feira, a pé, para que foran vendidos pois eran o único ingreso de diñeiro para poder pagar o médico a contribución e, en algúns casos incluso o billete para emigrar.

Había xente que prefería que lle morrera o avó antes que a vaca. A morte dunha vaca era a maior desgracia que podía ocorrer nunha casa. Despois viña a do porco que se criaba para matar e, dependendo da fame que houbera en cada casa, o resto da familia.

Agradeciámoslle esa vida que nos daba mandándoa ao matadoiro cando era moi vella para traballar.
Así de egoístas somos os da especie humana.


Pero si antes case todo se xustificaba porque non había medios, intentar agora procurar algunha razón para torturar a calquera dos membros desa especie, solo se pode cualificar de canallada.
Sen entrar en consideracións do tipo ético, cultural ou de respecto aos animais, intentar introducir, xustificar ou promover o maltrato contra esta especie en Galicia, é a peor baixeza o que poderíamos ser inducidos polos negociantes da tortura.


Amoréanse este tipo de “festas”. Coruña, Pontevedra e numerosas vilas nas que nunca houbo tradición neste sentido, aparecen agora co respectivo programa de “encierros”.


E Muíños o día 1 de agosto, ademais de torturar a catro touros, seica van “soltar unha vaquiña” para que a toureen os “valentes que se atrevan”.


A valentía de alguén non se mide polo seu grao de imprudencia colocándose diante de un animal aterrorizado que intenta fuxir do maltrato e do sufrimento que o home lle quere infrinxir.


O valente de verdade non é un descerebrado que, animado polos excesos do alcohol, pon en risco a súa vida sen razón e sen ningunha causa que o xustifique. A persoa coraxoso de verdade, xurde de improviso, nun momento de verdadeiro perigo e arriscase por unha boa razón ou para salvar vidas.


Incentivar ese tipo de temeridade solo pode ocasionar que se teñan que utilizar medios asistenciais e sanitarios que poderían estar sendo dedicados a outras necesidades mais importantes e menos provocadas.

Non parece que tais medios, en algúns casos incluso  escasos, como é a sangue doada por voluntarios, deban ser gastados en quen, voluntariamente e por diversión, se puxo en risco de vida. Moito menos si se obrigou a utilizar tais medios como resultas de estar torturando a un ser vivo. Seguramente debe haber outro tipo de lesionados, como por exemplo traballadores en accidente laboral, para os que se deberían reservar tan escasos recursos.


Non nos parece que debamos copiar costumes bárbaras e sanguinarias de outros lugares, temos as nosas propias diversións, moito mais sans e saudables, coas que nunca faltaron festas e diversión, de maneira que deberíamos deixar de ser provincianos, demostrar a nosa sensibilidade e agradecemento a animais que nos quitaron a fame durante moito anos e non querer imitar aos señoritos de outros lugares que, non tendo nada mellor que facer, divertíanse maltratando animais.