joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Pontevedra contra a tortura aos touros. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Pontevedra contra a tortura aos touros.

Posted in

03-08-2009 - Destacamos o éxito da manifestación en contra das corridas de touros, que se realizou o día 1 en Pontevedra, así como o considerable número de participantes que se veñen multiplicando ano tras ano.


A mobilización e os centos de participantes (mais de 500) contaron co apoio da maioría do pobo de Pontevedra e percorreu diversas rúas da cidade recibindo a solidariedade dos viandantes e veciños.


Destacar o anacronismo e a ignorancia dos organizadores xa que, faltando aos mais elementais modais de educación e cultura, pretenderon insultar a algún manifestante que falaba galego chamándoos “portugueses”.


Detalle que non so amosa a ignorancia e incultura deses persoeiros, procedentes do centro da Península, que ignoran cuestión básicas da cultura da nosa Terra a que veñen coa sola intención de gañar diñeiro e importar costumes bárbaras, sanguinarias e exóticas, senón que ademais pretenden insultarnos utilizando o termino xentilicio de nosos veciños de Portugal en sentido pexorativo.


Tiveron ademais a ousadía de ameazar a quen se manifestou pacificamente días antes, co precintado simbólico da praza de touros, así  como impedirlles que tomaran imaxes na vía pública.

Desexamos que antes cedo ca tarde estes persoeiros, residuais da España cavernícola, atrasada, brutal e fascista, tomen consciencia de que o espectáculo, cruel e sanguinario, co que pretenden encher de cartos os seus petos, no está ben visto en Galicia. Excepto por algúns "profisionais" da lamentable política nacional que, nesto como en moitas outras cousas, en pouco representan o sentimento do pobo.

Vexa a "carta a los taurinos" de Julio Ortega Fraile.

Vexa artigo de Méndez Ferrín: http://www.farodevigo.es/opinion/2009/08/03/lastima-bois/354778.html

Mais información:

http://www.vieiros.com/nova/75757/loitade-contra-o-aborto-iso-si-que-e-asasinato-din-os-empresarios-taurinos

http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2009/08/02/protesta-antitaurina-congrega-200-participantes-grito-tortura-non-e-cultura/354622.html

http://tauromaquianaturales.blogspot.com/2009/08/cuando-hay-torerosno-hay-toros.html