joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate O Valedor do Pobo insiste, o Concello do Carballiño non responde. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

O Valedor do Pobo insiste, o Concello do Carballiño non responde.

06-08-2009 - Terceira carta do Valedor do Pobo informando que, o Concello de Carballiño, non responde aos seus requirimentos para que lle remita información sobre a prohibición arbitraria que nos impuxo, de entrar na canceira.


A primeira foi o 7 de maio, a segunda o 26 de xuño e a terceiro o 30de xullo. O Concello do Carballiño non responde. Para este Concello o Valedor é o “pito do sereno”. Non lle fai caso ningún.


Non e importante que sexamos víctimas de unha inxustiza, nesta vida hai moitas, pero o  importante é que, a alcaldía do Carballiño, desprece desa maneira a lei e as institucións, así como os motivos que o levan a facelo.


Ese desprezo polas normas é significativo porque eles son implacables ao esixir e impoñer as súas determinacións, ou sexa, aplican a lei do funil. Claro que, con feitos como este, perden toda autoridade moral.


Para responder ao Valedor do Pobo deberían remitir unha copia do expediente, onde se comprobara que se seguiron os procedementos legais para privar a un veciño dos seus dereitos.Como tal procedemento non existiu, tampouco pode ser enviado ao Valedor do Pobo e o motivos de tal prohibición, parece evidente que son evitar que denunciemos o que alí acontece.


Tal feito é importante porque, o seu autor, proba que actuou arbitrariamente e, da mesma maneira que non respecta a normativa, os procedementos, os dereitos dos veciños nin  institucións como o Valedor do Pobo, tamén é capaz de non respectar outras normas.


Por actitudes como esa podemos deducir as razóns polas que non foi convocada a comisión de investigación sobre a morte cruel e innecesaria de cans na instalación da Medela.


Por actitudes como esa podemos deducir os motivos mesquiños desas mortes.


Por actitudes como esa podemos imaxinar as razóns polas que o grupo de goberno votou a favor desa comisión cando non pensaba convocala.


Por actitudes como esa podemos imaxinar o destino dos 300.000 euros que deberían ter sido investidos na canceira.


Por certo que, quen queira, pode verificar o valor das obras realizadas, mediante un programa de enxeñaría que existe en internet. Este é o enderezo http://ourense.generadordeprecios.info/ . A nos non nos saen mais que 145.000 euros. Proximamente calcularemos tamén o valor das beirarrúas que se están cambiando.


Por estas actitudes podemos saber quen é capaz de utilizar a policía, a mais expeditiva, a que menos coñece a lei, ou a mais servicial, para conculcar a o noso dereito de manifestación, ou para redactar unha denuncia cualificando un feito inocuo, de “grave” alteracións da orden. Cualificación tan ridícula e arbitraria que a delegación do goberno xa cambiou por “leve”, pois parece que, para as persoas con mais luces, a mala intención é demasiado evidente.


Lamentamos profundamente  o deficiente estado no que se atopa a ética, os dereitos dos veciños e as liberdades democráticas neste Concello, así como a falta de medidas, por parte de quen corresponda, para fiscalizar e poñer remedio á actual situación.

Carballiño 06 de agosto de 2008.