joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Xustiza gratuíta para defender o medio ambiente | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Xustiza gratuíta para defender o medio ambiente

08-08-2009 - Un acordo de enorme importancia para a loita ecoloxista contra os abusos do poder económico e a desidia da administración.


Amigos da Terra tivo recoñecido, polo Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, o dereito á xustiza gratuíta para actuar no caso da denuncia que interpuxo, nos xulgados de O Carballiño, por un posible delito de maltrato animal co resultado da morte de ducias de cans. Nesta denuncia tamén está personada a asociación ADEGA


O recoñecemento dese dereito, segundo informa esta asociación, dáse por aplicación da Lei 27/2006, do 18 de xullo, que é resultado da trasposición do Convenio internacional Aarhus, recoñece a xustiza gratuíta ás ONGs ecoloxistas que acrediten cumprir unha serie de requisitos, dereito tamén recoñecido e amparado pola Lei do ano 1996, de asistencia xurídica gratuíta.


As consecuencias deste recoñecemento son obvias unha vez que, as asociacións ecoloxistas, normalmente vivindo en continua penuria económica, poderán reclamar este dereito para levar adiante denuncias contra os delitos ecolóxicos.


Normalmente as accións ecoloxistas, debido á falta de medios para acudir á xustiza e personarse nas causas, estaban limitadas a presentar denuncia no Seprona, ou nas delegacións da Xunta correspondentes e agardar que a fiscalía ou as Consellerías actuaran de oficio.


O mais común era que, a falta de insistencia en esixir información sobre o estado das denuncias, a falta de personación nas causas penais, ou a imposibilidade económica de presentar recurso aos tribunais do contencioso administrativo, por falta de medios, resultara en que as denuncias eran arquivadas sen que ninguén recorrese tal acto ou solicitara a práctica probas complementarias.


A asistencia gratuíta poderá representar un avanzo na información e asistencia legal das asociacións ecoloxistas para demandar mais efectividade e dilixencia, tanto dos xulgados, no caso de denuncias penais, como da administración a que poderán levar diante dos xulgados do contencioso administrativo no caso de o considerar necesario.


Achegamos a nosa noraboa tanto á iniciativa como ao éxito da mesma acadada por Amigos da Terra, como ao Colexio de avogados de Ourense por este paso tan fundamental para a preservación e defensa do medio ambiente.