Skip to main content

Os amos do mundo ( II )

Posted in

11-08-2009 - Continuamos, nesta segunda parte, cos argumentos que nos levan a afirmar que, tódolos gobernos e os políticos que os forman, serven fundamentalmente aos intereses do sistema e das grandes empresas co obxecto de que, sexa cal sexa a ideoloxía “teórica” do partido que acabe gobernando, os asuntos económicos estarán sempre encamiñados a servir, da mellor maneira posible, os intereses dos empresarios.

Tamén teñen como función autorizar  e dar concesións para explotar os recursos do Pais, en función dos intereses desas empresas, prescindindo por completo das consideracións sociais e medio ambientais.


Está claro que si os empresarios teñen instalados nos postos de poder a comisionados seus, que ademais foron elixidos “democraticamente", normalmente debido ás subvencións que recibiron e que lles permitiu gañar esas eleccións, estes gobernantes terán lexitimidade para asinar calquera falcatruada, por grande que sexa, en nome do pobo que os “elixiu”.

Aos electores pouco mais lles resta que o recurso do “pataleo” e ver como, os seus “representantes”, venden os intereses da maioría e as riquezas do País, en contra dos desexos e intereses deses electores.


Hai poucos días, no XLsemanal o académico Arturo Pérez Reverte publicaba un artigo sobre os políticos. Titulábao “Esa Gentuza”, e como sempre, poucas persoas o saberían dicir mellor ca ele. Respondíalle, dúas semanas despois, a vice presidenta do Congreso, explicando o “sufrida e heroica” que é a vida dos políticos, tamén utilizou bos recursos, notábaselle as razóns pólas que chegou a ese posto. Solo que non mencionou para nada que ela, e os demais, están alí porque queren, mentres nos temos que aturalos queiramos ou non.


Os políticos, como representantes dos intereses do sistema, aínda que non acostuman acadar o nivel de riqueza dos verdadeiros donos do mundo, excepto cando eses donos se meten tamén a políticos, estes permítenlles participar en boa medida da opulencia na que viven os grandes de verdade, non solo recibindo partes das migallas que caen da mesa dos poderosos senón que, ademais, teñen as súas propias regalías.


Os políticos, son os únicos que poden facer as súas propias leis laborais, determinar o seu salario, os seus incrementos salariais, as súas vacacións, a súa xubilación, etc. Ademais pertencen a unha determinada casta endogámica que se autoprotexe entre eles e sempre terán un lugar onde ser colocados no evento de que perdan o poder que ocupan nun determinado momento.

Pódese observar como, estes persoeiros, tanto valen para un roto como para un descosido, se saen de ministros logo son colocados de senadores, alcaldes, presidentes de autoridade portuaria, etc. podemos agora mesmo lembrar o caso do actual alcalde de Vigo, Abel Caballero, ou do ex presidente da Xunta. Manuel Fraga. Cando desaparecen dun cargo, ó cabo de algún tempo reaparecen na función mais sorprendente e insospeitada que normalmente nada ten que ver coa anterior.


O político solo queda fora da protección corporativa dos seus no caso de que se “vaia da lingua”, como foi o caso do ex director da Guardia Civil, Luis Roldán, que seguramente non roubou mais nin menos que os demais, pero que, por falar, acabou penando doce anos de prisión, mentres, outros que participaban do mesmo pastel e cometeron delitos mais graves, como por exemplo o secuestro, non pasaron nin tres meses no cárcere.


Sí porque, ao que todo indica, esta casta  está por encima das leis que nos afectan aos demais cidadáns, de maneira que,a pesar da convicción que temos de que se cometeron delitos en moitos dos casos que lemos na prensa ou que coñecemos no noso concello ou rexión, é raro que  calquera dos responsables acabe preso ou diante de un xuíz.


Canto ao sistema de “representación” é patético, sería cómico se non fora tráxico, os “representantes” son elixidos polas cúpulas dos partidos e colocados en unha lista de acordo aos intereses dos que están xerarquicamente ao fronte dos partidos. Os electores nada teñen que dicir sobre o asunto, nin reprobar a calquera deles, aínda que supostamente representan a unha parcela dos votantes. Desta maneira e como ben se pode comprender, o deputado, ou calquera outro cargo que aparece nunha lista, débelle o favor e o cargo ó xefe do partido e nunca aos votantes aos que supostamente “representa”.


Nestas condicións, ninguén pode esperar que vai representar ou defender os intereses dos seus veciños ou dos electores da súa circunscrición. A ele, o que pensen eses cidadáns pouco lle importa e o único que lle interesa é ser fiel ó seu amo, xefe de partido ou quen queira que lle fixo o favor de “colocalo”.

Así é como, os grandes poderes do sistema, mediante o método fácil, eficaz e barato de ter controlados aos 2 ou 3 "líderes" deses poucos partidos con posibilidades de gobernar, son capaces de controlar a vida de 40 millóns de persoas e, o que é mais importante para eles, os recursos económicos, as prioridades de inversión e o destino final deses cartos todos do país.


Cando se trata das votacións parlamentarias é cando a súa inutilidade queda mais patente, pois para ratificar un asunto que foi acordado polos seus xefes, deben levantar  a man, ou emitir o voto, nada menos que 350 “deputados” que nin saben de que se trata, nin opinan sobre o asunto, a menos que o seu xefe lles encomende dicir algunhas frases escritas previamente nun papel.


Como se ve, 350 salarios rexios, ademais de moitas outras regalías, que non serven para nada, pois os asuntos, da mesma maneira, poderían ser aprobados polos 5 ou 6 portavoces de cada un dos partidos con representación e de acordo con úmero das “papeletas” que lle corresponderían a  cada un, papeletas que perfectamente poderían substituír aos deputados con un considerable aforro para a economía do País.


Se multiplicamos eses salarios, inútiles e xenerosos, que perciben os 350 “levantadores de man” do Congreso, polos demais órganos de “representación” , como son os concellos, deputacións, parlamentos autonómicos, senado, parlamento europeos, etc. o aforro podería aumentar en varios puntos o PIB  ou o salario medio dos traballadores normais.


Dicía a  vicepresidenta do Congreso na súa resposta a Pérez Reverte, que propuxera outro sistema para substituír ao actual. Non teño a capacidade do brillante escritor e académico, pero a bote pronto e tal vez con algún fallo, ocórrenseme uns cantos puntos cos que se podería mellorar este sistema que eles din ser o “menos malo” de todos, por exemplo:

-Que as listas de tódolos partidos sexan abertas.
-Representación, no parlamento e demais cámaras, da abstención.
-Nulidade de calquera elección que non conte con, a lo menos, o 50% de participación.
-Que cada circunscrición electoral designe o seu representante, ao marxe da interferencia dos xefes dos partidos.
-Que ese representante poida ser removido do seu cargo polos mesmos que o votaron, aínda que non teña rematado o mandato.
-Esta mesma medida sería aplicada aos gobernos da nación, alcaldes, etc. mediante unha figura que xa existe en América como é o referendo revogatorio.
-Que tódolos asunto de relevancia, como políticas educativas, de sanidade, transportes, medio ambiente, etc. a cuxa aplicación se destine nun determinado volume de cartos,  sexan obxecto de referendo.
-Orzamentos participativos en tódolos concellos.
-Que tamén sexa obxecto de referendo calquera intervención que afecte a un determinado colectivo ou comarca e que sexa obxecto de polémica.
-Evidentemente os salarios e demais condicións laborais serán as mesmas que para os demais traballadores.
-Que as irregularidades de tipo urbanístico, ou as que sexan obxecto de fallo contrario por parte da xustiza, teñan consecuencias penais para os responsables que as adoptaron no seu día, mesmo que xa non estean no poder, así como a obriga de resarcir economicamente, dos seus petos, os prexuízos ocasionados.
-Que exista unha total incompatibilidade entre  a política e a empresa, de maneira que, todo político, deberá ser coidadosamente investigado sobre o que fixo e as relacións que tivo como político antes de pasar á empresa privada, ou o cargo que vai ocupar como político se procede dunha empresa privada. E non se refire esto a traballadores comúns da empresa privada, fálase de grandes directivos que pasan a políticos ou políticos que pasan ao “consello de administracións”  das empresas as que fixeron favores.
-Transparencia total dos bens e propiedades dos deputados e familiares.


Noutras palabras, garantías de que van representar os intereses do pobo, non os dos empresarios e  de que non van roubar, así como de que, en caso contrario, serán despedidos como outro traballador calquera que non cumpre co que se lle encomendou. Case me atrevería a asegurar que, con tais garantías,  a mala imaxe que os políticos teñen na actualidade levaría un pulido radical.
Vemos probas tódolos días, de maneira que sobran exemplos, pero, por ser noticia nos últimos días, relacionamos unha serie de enlaces de xornais que amosan a maneira en que estes persoeiros “defenden” os intereses da nosa Terra e da nosa xente.

http://xlsemanal.finanzas.com/web/firma.php?id_edicion=4307&id_firma=9091
Esa Gentuza


http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/05_01.htm
Novo secado do Sil 04/08/2009

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/07_01.htm
Denuncia contra Iberdrola e inhibición de autoridades neste caso pres.conf. hidrográfica.

http://www.mundogaliza.com/index.php?option=com_content&view=article&id=6688:permiten-14-centrais-mais-no-mino-e-sil-&catid=2:galiza&Itemid=2359
14 centrais mais no Miño Sil.

http://www.rebelion.org/noticia.php?id=89791
Transp. Internac. La corrupción em España

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/17/0003_7790136.htm
canons do Sil hidroelecricas

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Merexo/todos/unidos/piscifactoria/elpepuespgal/20090223elpgal_11/Tes
Contra la piscifactoría

http://www.publico.es/dinero/243310/jefes/gran/empresa/cobran/plena/crisis

http://www.xornal.com/opinions/2009/08/09/Opinion/concurso-eolico-claves-poder-galicia/2009080823205421271.html

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cofradia/Cangas/acusa/alcaldesa/prevaricar/elpepuespgal/20090807elpgal_8/Tes