Skip to main content

Tanto monta, monta tanto

Posted in

20-08-2009 - Xá tardaba moito o PP en se apuntar ao negocio de destruír o rural galego, asfaltar os montes, crear transporte contaminante, fomentar o uso de coches, etc.. Noutras verbas deixar de lado o trasporte público e fomentar o mortal e contaminante transporte privado.


A provocación sae do PSOE e o PP recolle a luva e pon enriba da mesa 352 quilómetros mais. O argumento, o novo goberno seica “non fai facer tantas autovías coma nos”. Resposta do PP “nós mais ca vos”.


Se uns son “chapapoteiros” os outros mais aínda. Compre saber se esta táctica resulta de un apurado estudio da idiosincrasia dos galegos que leva aos políticos, tanto de unha cor como da outra, a que a maior fachenda que nos poden ofrecer sexa a de seguir enchendo o País de autovías e autopistas, porque nos gusta e somos maiormente provincianos e paletos, ou se o fan en contra dos desexos da maioría e pólo interese seu e dos seus amos os empresarios.


Ningún deles fala do tren para Galicia, do tren de proximidades nas áreas metropolitanas, ou aínda, de limpar os montes para que non ardan, ou comezar a eliminar as mimosas que están invadindo Galicia enteira dende hai décadas, sen que ninguén se preocupe de ir pensando en comezar a resolver ese grave problema.

O dito, aquí tanto uns como outros están para servir a industria do automóbil, as petroleiras e as grandes constructoras. Diñeiro para os parados, o mínimo e con moitas condicións.


E igual que no caso do AVE, nin se entra a debater a conveniencia ou non de empregar as desorbitadas cantidades de cartos que se “exaguan” nestas “infraestructuras”, en outras necesidades, nin en pedir a opinión dos que pagamos e sufrimos os “grandes negocios” de facer cantas mais autovías mellor, tendo que soportar tódolos días a carencia de outras necesidades mais básicas.


A táctica consiste en dar por boa a idea, tanto das autovías como do AVE, e poñerse a pelexar a ver quen e mais partidario desas obras, quen as reclama con mais “vigor” e quen fixo mais quilómetros de barbaridades. O caso é que, calquera que se opoña ou as cuestione, logo sexa tomado por “tolo” ou por alguén en contra do “progreso”.


Qué tipo de poder non terán os fabricantes de coches, que,a pesar de tódalas promesas de controle da contaminación destes gobernos “progresistas” e da súa suposta preocupación coa clase obreira, son capaces de ter cartos dabondo, non solo para gastar mareantes fortunas nestas obras, senón que, para maior insulto aos traballadores parados, teñen diñeiro dabondo para financiar a compra de coches , obviamente a quen xa ten para comer e pódese permitir ese luxo, e, sen embargo, andan mirando a maneira de que as axudas de 420 Euros, a parados, cheguen a cantos menos mellor.

Mais información:


http://www.noticiasgalicia.com/noti6.html
O PSOE demanda mais autovías

http://www.noticiasgalicia.com/noti6a.html
O PP promete mais 352 km de autovías