joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Batidas de xabaris no verán , NON | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Batidas de xabaris no verán , NON

Posted in

21-08-2009 - Matar por matar Non, discrepa completamente dos argumentos que se están expondo por parte de UU.AA. para pedir e xustificar o adianto das actividades cinexéticas, para poder cazar os xabarís e atallar os supostos danos que este estaría causando nesta época.


As batidas en época de colleita dos froitos, os coidados das viñas, cando o campo está mais frecuentado polos labradores e cando existe maior perigo de accidentes, debido ao maior número de paseante e turistas no rural, é altamente desaconsellable.

Non debemos esquecer que, para cazar os xabarís, utilízanse armas de canón raiado (rifles) e que disparan balas cuxo alcance é de mais de dous quilómetros. As escopetas de caza, para as que se fixo a normativa de zonas de seguridade, solo alcanzan entre 60 e 80 metros.

Como se pode comprender, utilizar este tipo de arma, cando as distancias de seguridade, que como se dixo foron feitas para as escopetas, son de 50 metros das estradas e camiños, e 100 metros das vilas e casas, constitúe unha auténtica temeridade nesta época de verán cando, os montes e o rural, está mais frecuentado por persoas que nada teñen a ver coa caza.

Tamén debemos estar en desacordo con este tipo de medidas unha vez que, está mais que comprobado que, as batidas fora da época de caza, non solo son aproveitadas para matar outros animais, senón que afectan gravemente a fauna local porque, entre outras razóns, hai poucos bebedoiros e os animais deben estar moito tempo lonxe dos seus refuxios e tampouco están aínda preparados para identificar o can como un posible depredador.

Os agricultores deberían entender de unha vez que é preciso protexer as súas colleitas con cercas de tela gandeira, utilizar os pastores eléctricos de acordo cos deseños que evitan a entradas deste animal e, o que é mais importante, deben sementar plantacións disuasorias, ou esixir aos tecores que así o fagan.


Por suposto deberían poñerse de acordo cos gandeiros para introducir o lobo unha vez que, a desaparación deste depredador debido á influencia do ser humano, causa os desequilibrios que estamos vendo no aumento de outro tipo de fauna. Non se pode xogar a ser dios.

Bastantes accidentes acontecen tódolos anos co gallo deste tipo de batidas, cando son efectuadas no outono e inverno, como para tentar a sorte autorizándoas tamén no verán.
Pedimos á Consellería de Medio Ambiente que non autorice esta actividade hasta que chegue a época adecuada, que será a finais de outubro ou primeiros de novembro.

Mais información:

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/24_01.htm

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/08/18/00031250595347249638188.htm
Adianto batidas xabarin

http://www.ourensedixital.com/_novas/09/08/20_06.htm
UU.AA. quere batidas de xabarín.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/08/19/0003_7915617.htm
Medio rural – Batidas xabarín

Matar por matar,NON – 21 de agosto de 2009