Skip to main content

Plan “MOVE”. Efectos colaterais.

Posted in

05-09-2009 - Estabamos preparando un artigo sobre o novo plan “Move” ( non saben que nomes inventar) co que o goberno entrante pretende seguir coa desfeita conta o noso territorio, o medio ambiente, a fauna, e o clima da Terra, pero, despois de moitas voltas, descubrimos que xa está todo dito. Os galegos que saben, xa o saben e os que non queren saber non van mudar a estas alturas.

 

(As imaxes son todas do mesmo lugar, están colocadas en orden cronolóxico e pinchando nelas poden ser ampliadas).


Por parte dos políticos pouco cabe esperar. Defenden os intereses dos que lles pagan e impórtalles pouco o sistema de transporte que precisamos, o que é mais útil, o que menos contamina, o que ocasiona menos mortes, o que se pode utilizar para ir ao traballo durmindo ou lendo a prensa, o que causa menos danos ao medio natural e a fauna, etc.


Como xa está todo dito solo agardamos que un día poidan ser xulgados e paguen os responsables da desfeita na nosa terra e no clima mundial.


Hai un aspecto pouco coñecido, ou a lo menos pouco tratado, sobre estas barbaridades todas que fan os demagogos que nos gobernan e coas que defenden os intereses dos seus amos, aínda que, como parte do seu traballo, pretenden convencernos (e con algún ata o conseguen) de que a desfeita é “progreso” e tamén é “bo” para os nosos interese. Incluso utilizan argumentos como os “postos de traballo”, que despois resulta que son polacos ou portugueses como na Cidade da Cultura.


Trátase das persoas que, sen desexalo, resultan afectadas, nas súas propiedades, polo trazado de unha destas autopistas, autovías o desfeita similar.

 

 

 

 

Hai que se poñer o seu lugar, e facerse cargo da situación. Unha persoa que vive nun lugar tranquilo ou que compra, ou ten, un terreo no rural e no que, pouco a pouco, vai facendo unha casa na que morar ou na que se retirar a vivir cando se xubile. Un lugar tranquilo, sosegado, bucólico e situado no medio da natureza e do campo.

 

 

Este tipo de desgracia pódelle pasar a calquera, unha vez que, hoxe en día, ninguén sabe o que vai continuar sendo rural e o que será chapapote, porque, este tipo de desfeita, non avisa nin hai seguridade xurídica algunha, Ocórraselles de repente e como están na tarefa de facer autovías por todo canto é lugar, mañá pode pasar unha delas polo sitio menos pensado.

 

 

 

Non é dabondo ler na prensa sobre as desfeitas que ocasionan estas obras no medio natural. Compre  imaxinarse o impacto de ver o lugar onde nos criamos, onde pasamos a vida enteira, as corredoiras polas que camiñamos, as árbores que vimos crecer, o regato de toda a vida, seren destruídos de un día para o outro, máquinas revolvendo a terra, facendo enormes trincheiras, arrincando as ábores, canalizando o río e deixando todo o que pertence á nosa memoria, totalmente descoñecido e arrasado.

 

 

Para se facer unha idea, as imaxes que reproducimos corresponden ao Concello de Maside, un lugar polo que nunca ninguén pensou que por alí fora pasar unha autopista.Pois resulta que resolveron facer un enlace entre Maside (desde autovía AG-53, Ourense Santiago) ata a Vila de O Carballiño. Unha obra totalmente innecesaria xa que a mesma autovía pasa e menos de tres quilómetros de Carballiño e ten unha saída entre esta Vila e Cea.


Imaxinen o tremendo trauma que, para esas persoas que procuraban o sosego e a calidade de vida na natureza, representa o feito de que, de un día para o outro, descubra que vai ter como veciña unha autopista que lle van facer ao lado da casa e que lle vai invadir a súa propiedade, incautarlle parte dela, tirarlle coa casa, ou o que é aínda é peor, que non lla tiren, non lla paguen e, de repente, se atope vivindo ao lado desa autovía da súa contaminación, do ir e vir diario de coches, dos ruídos, etc..


Eso despois de aturar o movemento de camións durante meses, a poeira e tódalas incomodidades que tal tipo de obra implica. E o que aínda é peor, agora resulta que a súa propiedade non vale nada, unha vez que, coa nova “veciñanza”, ninguén lla vai querer comprar.

 

 

Temos dous exemplos de exposto. Un ao lado do outro. A casa que se pode ver nas primeiras fotos, a esquerda entre as árbores, foi derrubada sen chegar a ser habitada polos propietarios, que traballan no estranxeiro. A casa que está detrás da que tiraron, é a que agora quedou ao lado da autovía. Pódese situar perfectamente o lugar por medio da granxa que se atopa á dereita das casas.


O lugar está situado en Maside, na estrada que vai cara a Negrelle.


Para saber dos argumentos, xa moitas veces expostos, sobre a irracional de tantas estradas, chapapote e promoción do transporte individual, remitimos aos nosos visitantes ás páxinas de Verdegaia e Amigos da Terra que falan do tema e dos argumentos que todos comecemos e que os que teñen a responsabilidade parecen ignorar.

Cando nos atopamos con este tipo de debates, que tamén nos obrigaron a facer no goberno anterior, é cando mais nos convencemos de que, o sistema, ten ocupadas tódalas candidaturas, as que podemos votar, con esbirros seus e que van defender os seus intereses. Mataron a democracia.

Mais información:

http://matarpormatarnon.org/node/847
fotos similares
http://matarpormatarnon.org/node/587
O precio de un enlace
http://matarpormatarnon.org/node/552
Mil millons por quilometro
http://matarpormatarnon.org/node/286
Enlace de Maside e Pelotazo
http://matarpormatarnon.org/node/246
Enlace Carballiño autopista