joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Carballiño - As "explicacións" ao Valedor | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Carballiño - As "explicacións" ao Valedor

23-09-2009 - (Castellano) O alcalde do Carballiño remite ao Valedor do Pobo un escrito co que pretende xustificar ás razóns pólas que se prohibe a entrada á canceira a membros da nosa asociación.


Podémolos resumir en que lle bota a culpa aos anteriores xestores da instalación, xulga e condena asuntos que aínda nin foron admitidos a tramite, utiliza aos traballadores e outras persoas que dependen del para facer acusacións baleiras e acaba confirmando que quen emitiu a orden de prohibir a entrada foi ele mesmo en abril de 2009, utilizando nunha norma que ele mesmo inventou e que non existe na ordenanza da canceira aprobada en pleno por tódolos grupos.


Por outra banda ben que nos gustaría que esa ordenanza fora respectada polo concello, sobre todo nos artigos que se refiren ao coidado e ben estar dos animais, alimentación, hixiene, etc.


Afirma o sr. alcalde que a entrada nesa instalación está supeditada a que os visitantes dispoñan de “autorización”, autorización que, segundo ele afirma, non se nos concede por diversos motivos.


Pois ben, acontece que tal argumento e o primeiro que non se axusta a verdade, porque na ordenanza da canceira nada se fala da mesma e solo se menciona o horario de visita:

Artículo 16.- Horario
Horario del personal de la perrera en período de inverno (15 de septiembre – 31 de marzo):
- De lunes a viernes, de las 08.00 h a las 14.30 h y de las 14.30 h a las 19.00 h.
- Sábado, de las 10.00 h a las 13.30 h.
Horario del personal de la perrera en período de verano (1 de abril – 14 de septiembre):
- De lunes a viernes, de las 08.00 h a las 14.30 h y de las 15.30h a las 21.00 h.
Sábado, de las 10.00 h a las 13.30 h.
Horario de visitas: martes y jueves de las 16.00 h a las 18.00
h. Los visitantes atenderán las instrucciones del personal de la
perrera.


Esquece tamén o sr. Alcalde que, para aplicar calquera sanción ou limitación de dereitos a un veciño é preciso seguir uns procedementos que están escritos e contidos nunha lei especifica que se chama:  Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.


Durante a tramitación dese procedemento debese dar ao afectado o dereito de se defender e contestar a calquera proba que se presente contra ele.


Como o sr. Alcalde non abriu ningún procedemento solo cabe concluír que actuou arbitrariamente, sen seguir o procedemento legal e sen nos dar o dereito de defensa.


Canto aos argumentos que expón, tamén podemos afirmar que son falsos na súa maioría e teñen como base de apoio común persoas ou funcionarios de toda confianza do actual equipo de goberno.


Comeza o sr alcalde afirmando nas suas "explicacións" (Vexa doc.1 e doc.2) que Julio Fernández traballou  na canceira como voluntario do grupo “Outeiro”. Afirmación que a Vila enteira sabe que non é verdade xa que nunca pertencemos a esa asociación. O único que é verdade é que traballamos o ano 2008 facendo, sen cobrar, o que os demais cobraban por facer e non facían.


A partir de aí o sr. Alcalde fai un relato das supostas relacións entre Outeiro e nos así como de supostos amores e desamores que terían ocasionado a “denegación de acceso á canceira por parte de Outeiro”.

Ignorabamos tal feito ou que o sr. alcalde se base nas nosas relacións con Outeiro para determinar unha prohibición. Estamos seguros de que tal cousa non aconteceu e ignoramos que Outeiro teña autoridade para prohibir a entrada nun local público.


Como consecuencia do anterior e tendo en conta que as demais “razóns” que o sr. Alcalde da fundaméntanse nesa premisa, podemos afirmar que o escrito enviado ao Valedor do Pobo é unha relación de feitos que non se axustan a verdade.

Sobre as “causas” que cita e pólas que seica “rompemos calquera tipo de relación” con Outeiro a cousa xa pasa a ser surrealista.


Fala na 1ª de “procesos pendentes”. Calquera pode ter un proceso pendente ou ser obxecto de unha denuncia, con ou sen fundamento, pero débese agardar a sentencia para que se saiba se tal proceso ou denuncia ten base ou non. Condenar antes que o fagan os xuíces non semella grande respecto pólas normas nin póla presunción de inocencia.


Na 2ª: Enfrontamentos cós traballadores. Ignoramos en que feitos se apoia este argumento pero parécenos pouco “elegante” meter pólo medio traballadores que dependen xerarquicamente del, que chegaban ás 10 da mañá e marchaban ás 13  e que non querían estraños que testemuñaran o que alí pasaba. Xá sabemos como acabaron os cans que coidaban.


Na 3º: “Traballadores que ameazan con renunciar ao seu posto de traballo”. Surrealista argumento e solo o s. alcalde podería crer que estes “traballadores” renunciarían ao “chollo” que teñen na instalación de facer pouco, cobrar moito e poñer eles mesmo o horario gracias e que ninguén os controla.


No 4ª: Actitude desafiante co encargado e coa técnica. A saber quen son os tais porque agora aparece un monte de xente que ten responsabilidades na canceira pero ninguén sabe como morreron os cans, quen os matou nin quen é o responsable das mortes.


Que seica temos unha denuncia por inxurias da asociación “Outeiro”. ¿E qué?, ¿está resolvida?,¿ten sentencia?. Podemos dicir o mesmo que dixemos sobre a causa 1º, que calquera pode ser obxecto de denuncia, con o sen motivo, e hai que agardar as sentencias. Neste caso a querela aínda nin foi admitida a tramite.


Finalmente o sr alcalde sácase da manga un novo artigo que engade á ordenanza municipal da canceira, aprobada en pleno, mediante a cal a “súa persoa” con data 04 de marzo ordena a “expulsión das instalacións da canceira municipal de todas aquelas persoas que non posúan autorización, suposto de aplicación a D. Julio ..., que non posúe autorización para acceder a canceira municipal, co único propósito de preservar a integridade e honor dos nosos traballadores”.


Ou sexa a final a prohibición non e cousa de “Outeiro” e si de unha norma arbitraria que o sr. Alcalde se inventa con data 04/03/2009 por medio de un sistema que ignoramos pero que lle podería ter permitido elaborar ele solo a ordenanza da canceira prescindindo do pleno da corporación.


A ordenanza da canceira, como se pode ver no artigo 16, solo establece horario de visitas e non di nada de que se precise unha “autorización” para facer esas visitas.


Resumindo, o tal artigo “novo”, como todos sabemos, foi inventado polo sr. Alcalde con motivo de que varios grupos ecoloxistas visitamos a instalación e descubrimos que estaban matando cans a ducias.


O caso é que os “traballadores municipais”, así como  grupo “Outeiro”, a “traballadora do concello” as persoas que “ameazaron con renunciar ao seu posto de traballo”, o “encargado”, a “técnica do departamento” e tódolos que, dunha maneira ou de outra contribuíron a que os cans estiveran malvivindo da maneira que todos xa sabemos e acabaron sendo sacrificados, poderán confirmar calquera historia do sr. Alcalde, non duvidamos de que así o fagan pola conta que lles ten.

Pero a verdade é a que é e o escrito do sr. Alcalde de 23 de abril, que mencionamos ao principio, o que desmente a historia toda e confirma, cando e por qué se nos prohibiu a entrada  na canceira e está a disposición de todos nesta nosa páxina que tamén é a dos que a visitan.

Finalmente o Valedor do Pobo ante tan "convincentes" explicacións sin entrar no merito, nin na legalidade ou na adecuación á normativa, arquiva o asunto. Pois vale.

Mais información:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/09/24/0003_7991074.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2009/09/24/valedor-do-pobo-archiva--caso-perrera-explicaciones-concello/371143.html

 

 

AdjuntoTamaño
prohib.alcalde abril.jpg664.46 KB
informe alcalde 1.jpg770.98 KB
informe alcalde 2.jpg941.9 KB
resolucion valedor.jpg565 KB
Ordenanza canceira.pdf293.39 KB