España, o país que presume de ter mais kilometros de Ave e de autopistas de toda Europa, agora vai permitir que se cace o lobo porque, polo visto, non hai cartos dabondo para indemnizar, con rapidez e como é debido, as catro ovellas que pode comer este animal emblemático ó cabo do ano.
Para empezar,habería que ver cal é o problema. Se hai moitos lobos ou, o que hai, é demasiada xente á que lle acaba estorbando a presencia do lobo porque, esta xente, se mete no seu espacio natural. De feito hai décadas había moitos mais lobos e, sen embargo, molestaban moito menos. Agora o que está pasando é que, en algúns lugares, hai moitos, mentres en outros hai poucos. A razón é que as novas barreiras artificiais, sobre todo as autopistas e autovías, e a falta de pasos de fauna, están a