En unha publicación da Consellería de Medio Ambiente, a todo luxo, está a lista de especies que se poden cazar, tanto aves como mamíferos, así como unha sínteses da propia orden de vedas.
Calquera, que saia algo ó monte, pode dar fe da extrema escasez da maioría dos animais que aparecen na lista de posibles víctimas. Tal feito, aparte de mostrar a total falla de criterio e racionalidade que prevalece nesta actividade, ven a nos convencer, unha vez mais, de que é unha actividade totalmente depredatoria e que, xunto con outros factores (autovías, AVE, urbanismo, etc.) está a constituír, non só en un enorme perigo para os frecuentadores pacíficos do monte, como tamén a principal causa da desaparición das especies silvestres da nosa fauna.
Recomendamos ler as consideracións