joker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimatejoker123 pussy88 xe88 mega888 viagra malaysia keto actives super 8 ways ultimate Propostas sociais a nova lei de caza de Galicia. | matarpormatarnon.org
Skip to main content

Propostas sociais a nova lei de caza de Galicia.

Posted in

23-11-2010 - Hoxe aparece na prensa a insólita noticia de que a Xunta de Galicia, sen aviso previo, vai modificar a actual Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia.

E dicimos insóita porque ningunha organización, ecoloxista ou social, tuvo noticia algunha do asunto, com tampouco fomos consultados. Semella que solo interesa, como dice na noticia, o que pretenden cambiar os cazadores da actual lei, cando nos consideramos que éste é un asunto que, dunha maneira ou de outra, afecta a tódala sociedade galega.

Pensamos que hai moita mais xente que debe ser consultada e que debe opinar. Ecoloxistas, micólogos, sendeiristas, veciños que non podem sair ao monte porque hai tiros por perto, etc.

Así que, ou de feito a Xunta pretende ignorar as opinions do resto dos cidadáns que sofremos a caza, ou ben foi un erro do xornal que publica a noticia. En todo caso, estamos preparando un documento coas propostas da sociedade civil para solicitar que sexan tidas en conta na nova lei.

Pedimos a tódolos cidadáns e a tódalas asociacións que queiran colaborar e presentar iniciativas, que se poñan en contacto con nos, a través do correo ou de Facebook, para que as súas inquedanzas sexan incluídas neste documento que será encamiñado á Consellería de Medio Rural.

Éste é o documento de inicio, remitido a outras asiciacións ecoloxistas e que presentamos aberto ás propostas do resto da sociedade:

(Pinche)

Agardamos a colaboración de todos, mesmo porque, se levada ás últimas consecuencias, a iniciativa da Xunta de solo consultar aos cazadores e contratar un bufete para redactar o "borrador", poderíamos prescindir dos "representantes" políticos e contratar técnicos para administrar os nosos impostos. Non sería mala idea, pensamos que se aforrarían moitos cartos.

AdjuntoTamaño
MODIFICACIÓN DA LEY DE CAZA 2010.doc160.5 KB