29-04-2012 - Artículo de FELIPE SENÉN, MUSEÓLOGO E TÉCNICO DE XESTIÓN CULTURAL, publicado hoy en "La Opinión de Coruña" - Pese a tanta Historia detrás, aínda custa buscar a harmonía co medio, coa tradición, entre nós mesmos. Custa defender a vida, comezando pola do ser humano. Matamos por comer, por cartos, por poder e tamén se mata por matar. Enguedellámonos en guerras, enleamos as relacións, a política e con elas o contexto de augas, ceo e terra sobre os que aínda camiñan ou arrástranse, voan ou nadan animais irracionais. Íos racionais ímola tendo difícil sobre o incendiado planeta terra. Marcamos territorio, buscamos o pan noso e o circo de cada día.
O bosque atlántico, os animais autóctonos, o patrimonio cultural, os medios, a industria, as "caixas galegas" e mesmo as ideas e a retranca, o idioma que nace arredor de todo isto tritúranse hoxe no rodicio global e no conseguinte andazo da crise. Moito se divide, esfaragúllase e sucumbe. Mesmo os colectivos que se din defensores desto ou daquilo rematan no ensimesmamento, toupeñando contra o couto das mesmas pedras e dos mesmos valados.
E nesta selva posmoderna, como un aturuxo de SOS, ouvea e remarca a súa imaxe o lobo. Temido señor