23-11-2010 - Hoxe aparece na prensa a insólita noticia de que a Xunta de Galicia, sen aviso previo, vai modificar a actual Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia.
E dicimos insóita porque ningunha organización, ecoloxista ou social, tuvo noticia algunha do asunto, com tampouco fomos consultados. Semella que solo interesa, como dice na noticia, o que pretenden cambiar os cazadores da actual lei, cando nos consideramos que éste é un asunto que, dunha maneira ou de outra, afecta a tódala sociedade galega.
Pensamos que hai moita mais xente que debe ser consultada e que debe opinar. Ecoloxistas, micólogos, sendeiristas, veciños que non podem sair ao monte porque hai tiros por perto, etc.
Así que, ou de feito a Xunta pretende ignorar as opinions do resto dos cidadáns que sofremos a caza, ou ben foi un erro do xornal que publica a noticia. En todo caso, estamos preparando un documento coas propostas da sociedade civil para solicitar que sexan tidas en conta na nova lei.