05-09-2009 - Estabamos preparando un artigo sobre o novo plan “Move” ( non saben que nomes inventar) co que o goberno entrante pretende seguir coa desfeita conta o noso territorio, o medio ambiente, a fauna, e o clima da Terra, pero, despois de moitas voltas, descubrimos que xa está todo dito. Os galegos que saben, xa o saben e os que non queren saber non van mudar a estas alturas.
(As imaxes son todas do mesmo lugar, están colocadas en orden cronolóxico e pinchando nelas poden ser ampliadas).
Por parte dos políticos pouco cabe esperar. Defenden os intereses dos que lles pagan e impórtalles pouco o sistema de transporte que precisamos, o que é mais útil, o que menos contamina, o que ocasiona menos mortes, o que se pode utilizar