ENLACE DO CARBALLIÑO CON A AUTOPISTA OURENSE SANTIAGO -¡¡ NON POR MASIDE!!
10-10-2007 - Como todos saben pretendese construir, polo concello de Maside, o enlace do Carballiño con a autopista Ourense Santiago.
Este enlace sale desde O Barazal, pasa ó lado do Puzo do Lago e acaba en unha rotonda na Fontela, á entrada do Carballiño.
Vai ter un ancho de casi 20 metros, e cinco kilometros de largo.
Unha tremenda invasión na parte mais rústica e natural do Concello de Maside, que pode afectar, non só ó Puzo do Lago, como tamén ós restos arqueolóxicos existenes no seu percurso. Pero o mais grave, é o brutal impacto paisaxístico no entorno rural do concello, con as consabidas molestias para os veciños, non só durante as obras, senón que, principalmente, depois con o ruído e a contaminación do tráfico e a división e destrucción do territorio.