01-07-2009 - O goberno do Carballiño, tan dilixente ele en facer calar a quen se manifesta en contra das súas trapalladas, non responde ao Valedor do Pobo cando este lle pide explicacións.
Esa é a fe que teñen algúns demócratas nas institucións. Válense delas para seu lucro pero cando non lle convén ignóranas.
Esfumáronse os 300.000 euros da canceira pero non queren dar explicacións no pleno nin contas de como se utilizaron os cartos.
Desapareceron con mais de 130 cans para no ter que os atender, pero non acoden á comisión de investigación que se acordou no pleno, por tódolos grupos, para aclarar o asunto.
Falan de mocións de confianza e agora andan buscando diálogo, despois de faltar á súa palabra.