27-02-2009 – Despois das que cualificamos de sorprendentes, “explicacións”, prestadas pola concellala de facenda, sobre os “misteriosos” 100.000 euros das obras da canceira, atopámonos onte nos xornais coa, un pouco mais “elaborada”, prestación de contas das inversións realizadas. Evidentemente que non faltan os comentarios dos ben informados e “imparciais” lectores de algún medio.
Pois ben, a falta de un análises pormenorizado das devanditas, saltan á vista unhas cantas cavilacións que, como cidadáns pagadores de impostos e como partícipes no debate, ao igual que a calquera ben informado veciño, non se nos poderían pasar por alto. Por exemplo:
A primeira, evidentemente, é que, a nosa inquedanza polo paradoiro deses fondos, estaba tanto mais xustificada, cuanto o proba o feito de que, por fin, se aveñan a prestar algún tipo de explicación.
A segunda, provén do feito de que, a pesar de que esas explicacións foron solicitadas, a lo menos en dúas ocasións, en plenos oficiais